A estadística como filosofía de vida

Que farías se vas pola rúa e un extrano se che acerca cun billete e unha moeda na man, e che di:

Se sae cara dareiche estes 10€ pero se sae cruz ti darasme a min 10€, xogas?

A túa resposta moi probablemente sexa non, pois non quererás perder ese diñeiro así ao tolo. Non obstante, recorda que tamén podes gañar 10€, e coa mesma probabilidade ca no outro caso; mais, non o sentimento de estar tirando os cartos definitivamente faríache non participar nese xogo.

É mais, probablemente aínda que esa persoa che ofrecese 15€ se gañas e -10€ se perdes ti seguiríaste negando a participar. E neste caso a estadística estaría ao teu favor, pois ao estar falando da mesma probabilidade de perder ca de gañar, o saldo esperado sería positivo.

A cousa comezaría a cambiar se o que nos ofrecen é repetir o xogo moitas veces coas apostas 15-10. Desta vez xa te comezarías a decatar de que a probabilidade está ao teu favor e non tes nada que perder. Por exemplo, se xogases 100 veces a ganancia media sería duns 250€.

Pois isto é o que se dedicou a comprobar Derek Muller no seu canal de Youtube (o cal recomendo encarecidamente), e en efecto constatou o medo que ten a xente cara o feito de perder algo. Este fenómeno denomínase en ámbitos da economía e da psicoloxía como aversión a perda, e foi estudada e demostrada polo psicólogo israelí Daniel Kahneman, traballo polo que recibiría o Premio Nobel de Economía en 2002.

Concretamente chegou a conclusión que en xeral nunha decisión dámoslle o dobre de importancia ao que podemos perder respecto ao que podemos gañar. Dito doutra forma a túa intuición faite adoptar decisións máis conservadoras.

Son moitas as decisións que continuamente temos que tomar, e moitas veces decidimos non arriscarnos por medo a perder o que temos. Non obstante, temos que deixar de pensar en cada decisión en individual e darnos conta de que a vida son un conxunto enorme de decisións. Polo que se ves que o premio é importante e as apostas están un pouco, aínda que tan só sexa un pouco, ao teu favor merece a pena arriscarte. Á larga o teu saldo será positivo, ás matemáticas están da túa parte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s