Como xa é tradición en erdati, un ano máis faremos todo o posible por achegarvos a gala dos Premios Mestre Mateo, a gala do audiovisual galego.
Despois de poder gozar da gran experiencia e o xenial trato do ano pasado, arrancamos motores cos premios deste ano.
Así pois, traémosvos a listaxe definitiva das candidaturas deste ano. En total, temos 111 obras estreadas ao longo de 2014 e repartidas nas 25 categorías.
No vindeiro mes de marzo, os académicos, escollerán aos 4 finalistas de cada categoría e que optarán a gañar a estatuilla na XIII gala destes premios.
Destacamos unha das grandes favoritas para a gala que tamén tivo a súa correspondente acollida no noso blogue, “A esmorga” que chega aos premios pisando forte despois de impresionar tanto nos cinemas galegos como nos españois.
Deixámosvos aquí a listaxe para descargar.
Listaxe de candidatos para os Premios Mestre Mateo XIII
Por suposto, seguiremos manténdovos informados segundo vaian saíndo máis novas con respecto á gala deste ano.