Neste abraiante vídeo poñémonos na pel dun fotón que sae do sol e viaxa á velocidade da luz a través dos sistema solar.
O creador de este vídeo é Alphonse Swinehart, na súa páxina web explícanos cales foron as súas motivacións para realizar este vídeo. O que buscaba era ilustrar o lenta que é a velocidade da luz en comparación co tamaño do universo, mostrando en tempo real a viaxe dun fotón a través de parte do sistema solar.
A pesar de viaxar á velocidade da luz ao fotón lévalle 43 minutos chegar a Xúpiter que é só o quinto planeta cando hai oito.