A medida que as viaxes en avión empezan a xeralizarse cada vez é maior o número de persoas que perden ese aura de perigo asociada ao transporte aéreo. O certo é que, como xa sabemos, os protocolos de seguridade aérea fan que sexa unhas 1000 veces máis probable morrer dun accidente de tráfico convencional, que dun accidente aéreo.
Aínda así, todos sabemos que sensacións como o medo ou o amor non entenden de racionalidade en moitos casos. Así que a seguinte lista pode que volva aparecer o voso medo a voar, estades avisados.
A continuación os aeroportos máis estraños de Europa:
1. Aeroporto de Svalbard, Noruega
Cada vez que en Barajas cae unha pequena nevada xa se produce un caos extremo. Imaxinade o que sucede co aeroporto comercial máis septentrional de Europa, situado nunha pequena illa de Noruega. Na actualidade atópase a unha temperatura duns -20ºC.
2. Aeroporto de Madeira, Portugal
Este aeroporto foi recentemente ampliado mediante un viaducto que se sitúa sobre o mar. Está catalogada como unha das pistas máis perigosas e difíciles nas que realizar aterraxes. Os pilotos que a realicen rutas con este destino necesitan posuír unha licencia especial para poder operar.
3. Aeroporto de Barra, Escocia
Estamos ante un dos máis curiosos canto menos. Quen che diría que hai un aeroporto no que as súas tres pistas de aterraxe están situadas nunha praia. Como é de esperar, as horas de dipoñibilidade das pistas terán que ter en conta as mareas. Ademais, en caso de querer realizar un aterrizaxe urxente pola noite será necesario posicionamento de automóbiles cos seus faros para iluminar as pistas.
4. Aeroporto de Gibraltar, Reino Unido
En Gibraltar teñen un serio problema de falta de superficie, pois senón non se explica a ubicación deste aeroporto. Si, como podedes ver na imaxe a súa única pista é atravesada por unha carretera convencional.
5. Aeroporto de Courchevel, Francia
Este aeroporto situado nos alpes franceses é o máis espectacular. Adificultade e perigosidade da súa pista radica principalmente na súa corta lonxitude e na carencia de sistemas de asistencia na aterrizaxe. É frecuentado por esquiadores que veñen a disfrutar deste deporte invernal.