Pagar ata polo que é teu: Baterías para o fogar

Que vos di o nome de “Tesla”?
En efecto, Tesla foi un gran científico, pero non, non me refería a ese Tesla.
Tesla é o nome dunha compañía (Tesla Motors) que promove o uso da enerxía eléctrica para mover o mundo.
E non intento facerlle propaganda, pero esta introdución é necesaria para dar paso ao interesante deste artigo.
Fai pouco, esta compañía anunciou que, dando un paso máis na súa labor, empezará a traballar nunha batería para o fogar (de feito a tecnoloxía xa está sobre o papel). É dicir, quen queira e poida pagarse estas máquinas, terá “pilas” xigantes que acumularán a enerxía que non consumamos nas nosas casas e se temos outras fontes de enerxía (como poden ser a solar ou a eólica) tamén almacenar a que proveña destas.
Ata aquí todo é case utópico (a falta de saber o prezo destes aparellos). Un podería pasar a depender o mínimo da rede eléctrica e aforrar moito en consumo, o cal lle viría ben tanto aos nosos petos como ao medio ambiente.
O problema xurde cando miramos dentro das fronteiras de España…

Distribución por Europa de distintas ubicacións de estacións da empresa Tesla. Notar o seu éxito en España.
Distribución por Europa de distintas ubicacións de estacións da empresa Tesla. Notar o seu éxito en España.

Empecemos por unha pseudo-cita célebre.
O pasado mes de novembro, Eduardo Montes, o presidente da patronal que engloba as principais compañías eléctricas dixo:

“La red eléctrica la estamos utilizando entre todos, y entre todos la tenemos que pagar. Y claro que el autoconsumidor puede dejar de pagar… si se desengancha”

Isto está moi ligado á actual situación da produción de enerxía solar a nivel privado.
Agora mesmo, se queremos ter unha placa solar enganchada á rede eléctrica, temos que pagar un canon a modo de “Mantemento da rede”.

dollarsigns
E parece que ás visionarias baterías para os nosos fogares lles vai a pasar o mesmo.
É dicir, en vez de fomentarse o uso de métodos beneficiosos co medio ambiente, dificúltase o seu acceso aos nosos fogares porque claro, se aforramos enerxía, tamén aforramos cartos, pero os cartos que nós aforramos non os gañan eles.
Aínda que este tipo de accións non nos deberían sorprender, os últimos anos e incluso décadas están cargadas deste tipo de situacións, dende o canon que temos que pagar nos cd’s porque se asume que os imos a usar para piratear ata o imposto de sucesións, debido ao cal, temos que pagar polo que se nos deixou en herdo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s