A ciencia detrás da resaca e cómo librarse dela.

on

Neste artigo falaremos sobre o terrorífico mundo do día seguinte a moitas noites de festa. Preguntarémonos a ciencia detrás da desagradable experiencia da resaca e os procesos fisiolóxicos detrás dela. Pero sobre todo, que podemos facer para reducir os seus síntomas.

homero-1024x640

A RAG define a resaca como “Malestar que se produce ao día seguinte dunha borracheira”. Os seus síntomas son ben coñecidos por aqueles que a sufriron: dor de cabeza, falta de concentración, boca seca, náusea, problemas gastrointestinais, ansiedade  e mal estar xeral que pode durar ata 24 horas.

Aínda que realmente existe moi pouca investigación e conclusións científicas sobre esta doenza, a teoría máis estendida é que a resaca esta producida pola  deshidratación  que produce o consumo de alcohol e a toxicidade de certos compostos derivados do metabolismo do alcohol.

O consumo de alcohol evita que o corpo elimine a hormona antidiurética tamén chamada vasopresina. Como produto de esta inhibición, os riles non funcionan de xeito normal. O corpo produce cantidades maiores de urina e deshidratase, entón rouba a auga que garda o cerebro facendo que este diminúa o seu volume e tire das membranas que o unen ao cranio, provocando moita dor.

Entre os compostos derivados do metabolismo do alcohol, un dos candidatos máis avantaxados para explicar a orixe da resaca é un composto chamado acetaldehido. Esta substancia acumúlase como un subproduto da tratamento do alcohol polo noso sistema gástrico. Crese que é o acetaldehido é ata 30 veces máis tóxico que o propio alcohol e relaciónase directamente con varios síntomas da resaca.

Pero entón, que podemos facer para previr e paliar a resaca? Para previr a deshidratación o ideal sería inxerir moita auga acompañada do consumo de alcohol. Non obstante, se xa estamos sufrindo malestar o mellor é consumir alimentos que aporten os minerais e as vitaminas perdidos durante a noite son boas as froitas e os zumes en xeral para recuperar as vitaminas, en concreto o plátano que ademais é rico en potasio. Tamén é recomendable o consumo de ovo.

Unha crenza popular di que para curar a resaca e bo beber máis alcohol. Pode parecer unha tolería e efectivamente o é. Lonxe de parar os seus efectos fará máis longa a recuperación.

Así que, xa sabes, bebe con moderación. E se por un casual un día te pasas da raia, enfróntate ás súas consecuencias e intenta palialas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s