A sincronización menstrual, mito ou realidade?

Este feito é algo bastante común e aceptado pola sociedade en xeral. Son moitas a moitas mulleres lle ten ocorrido algunha vez que despois de pasar un longo período cunha amiga ou familiar coa que se ten moita proximidade, se chegue a experimentar que os períodos menstruais se sincronicen.

O primeiro achegamento científico a este feito foi realizado por Martha K. McClintock, nun artigo da revista Nature en 1971. O experimento consistía na observación de 135 rapazas que vivían por parellas nunha residencia universitaria. O que observou é que tras 4 meses xuntas os ciclos menstruais observaban unha clara tendencia a sincronizarse. Ela defendía que esta aparente comunicación non verbal entre os sistemas sexuais femeninos se realizaban usando as misteriosas feromonas humanas.

O certo é que a partir de 1984, os artigos desta psicóloga comezaron a recibir un aluvión de críticas. Concretamente en 1992, H. Clyde Wilson Jr. publicou un artigo no que sacaba a relucir imporantes erros na recolección dos datos e mailo tratamento estadístico no traballo de McClintock. De corrixilos, a tendencia á sincronización desaparecía.

Posteriormente, outros traballos posteriores como este de 1997 ou este outro de 2006; volven a afirmar que dita sincronía tan só é froito do azar, que non existe ningún tipo de comunicación. En palabras da Sociedade de Española Xinecoloxía e Obstetricia: “Non está probado, está no marco da lenda urbana”.

Non obstante, a ciencia parece ir en contra ao que moitas mulleres teñen constatado de primeira man. As explicacións que se lles da a esta observación é que para empezar é difícil de definir correctamente o que é o sincronismo menstrual debido a usual irregularidade destes ciclos. Outros factores que poden provocar este feito é o estrés que pode ser compartido en grupos de amigas, as horas de oscuridade/luz ou simplemente que moito máis propenso a lembrar que os ciclos menstruais coinciden a que estes non o fagan.

Polo que a polémica está servida. Non parece existir ata o de agora un consenso claro entorno a este fenómeno e moito menos a que este sea producido polas misteriosas e escurridizas feromonas humanas.

E vós que opinades, existe de verdade esta sincronización ou en realidade tan só se trata doutra lenda urbana? Deixádenos nos comentarios a vosa opinión.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s