Forma real de volver ao pasado

Ao mellor vos soan os chamados meridianos.

Son liñas xeográficas a partir das cales, por acordo, cambia a hora, por iso os de Canarias sempre teñen que apandar cunha hora máis e por iso cando ides de viaxe a un sitio que estea algo afastado tedes que aturar o “jet lag”.

Sabiades ademais que hai un meridiano na zona do pacífico coñecido como a “Liña Internacional de cambio de data” ou meridiano 180°?

international-date-line

Pois precisamente ten este nome porque se o cruzamos estaremos cambiando o día no que vivimos; en concreto, o feito de incrementar un día máis ou menos dependerá do sentido no que crucemos; é dicir, se pasamos do +12 ao -12 ou viceversa.

Supoñamos que agora mesmo estamos no extremo deste meridiano e é o día 5 dun mes calquera, se o cruzamos no sentido no que aumentamos un día, pasará a ser 6. Se agora o volvemos a cruzar no sentido contrario será o día 5 outra vez.

Ata aquí todo ben.

Pero imaxinemos que somos capaces de dar a volta á Terra en escasos minutos (non tería por que ser algo demasiado tolo, de feito a existencia deste medio de transporte non tería por que afectar demasiado ao noso experimento mental, como moito habería que facer unhas pequenas correccións relativistas pero que non afectarían abondo os nosos cálculos como para ser necesarias e complicar tanto o noso problema).

Pois volvamos á anterior situación (estamos no extremo dun meridiano e é o día 5), crucemos no mesmo sentido e pasemos a estar no día 6.

Agora, en vez de cruzar no sentido contrario, demos a volta á Terra en escasos minutos (en realidade con que levara algo menos dun día nos chegaría) e atoparémonos outra vez ao lado do meridiano. De feito, atoparémonos de novo en disposición de incrementar un día se o cruzamos.

O paradoxo que se bosquexa é: Se o cruzamos  por segunda vez no mesmo sentido, estaremos agora no día 7?

Se é así, acabamos de descubrir un sistema tan simple que nos permite viaxar ao pasado polo mero feito de dar a volta á Terra!

delorean-0

A resposta é non.

Unha convención humana como é a dos meridianos e a dos cambios de hora nunca podería ter tales repercusións no tempo.

O paradoxo rómpese no momento en que nos decatamos de que ao dar unha volta á Terra para poder colocarnos de novo na mesma posición en fronte do meridiano 180° estamos pasando polos outros 24 meridianos; é dicir, cada vez que pasamos por un temos que mover unha hora o reloxo, acumulándose 24 horas cando damos a volta completa e quedaría así compensado este efecto.

Sexa como sexa, é verdade que si se pode cambiar de día (unha vez) se cruzamos este meridiano.

Así que se estades tendo un mal día e queredes que pase axiña ou vos gustou moito o día que está a piques de rematar, xa sabedes, abonda con cruzar unha raia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s