Os eclipses totais adoitan a ser eventos tan espectaculares como excepcionais. Imaxínate usar este acontecemento como telón de fondo para o lanzamento do teu videoclip, sería moi impresionante, non si?
Pois isto é o que decidiron os compoñentes do grupo das illas Feroe chamado Hamferð. Durante o pasado 20 de marzo, aproveitáronse da súa magnífica posición xeográfica para gravar en directo unha das súas baladas (chamada Deyðir varðar). O resultado obtido non deixa de ser bastante emocionante e inspirador.
A verdade é que a min, a pesar de non entender “nin papa” do que din (a letra está composta en Feroes), este tema pareceume moi evocador.