Os Premios #MestreMateo15 xa están aquí

robertoUn ano máis, chegou o momento do evento máis importante dentro do ámbito audiovisual galego. Dentro de pouco máis de 24 horas descubriremos quen son os afortunados que se levarán o desexado premio.

A gala celebrarase no Palexco da Coruña e será conducida un ano máis polo coñecido presentador da Televisión de Galicia, Roberto Vilar. Segundo el mesmo confirmou a súa idea é a de facer unha gala “rápida, amena e divertida”. Non faltarán nesta gala “outros e outras pintamonas coma min para que todo sexa máis divertido, pero non vos podo dicir quen son porque eles non o saben tampouco. Aínda.” afirmaba hai unha semana o coñecido showman.

Non obstante, os principais protagonistas serán os candidatos aos premios. Este ano a principal favorita é “A esmorga”, filme dirixido por Ignacio Vilar que aspira a levarse un total de 16 premios. De cerca ségueno a longametraxe “Os fenómenos” e mais a serie “Serramoura”, con 11 e 9 candidaturas respectivamente. Non faltarán habituais xa destes premios como son “Era visto!”  ou películas de talle nacional como “El niño”; ambas con 3 candidaturas.

fely

O que si que xa coñecemos é a quen se lle será entregado o premio de honra “Fernando Rey”. Fely Manzano, coñecida polo seu papel de señora Carme en Pratos Combinados, será a galardoada con esta distinción. Era ela mesma a que declaraba que recibía o premio “con moita ilusión, con moito cariño.”

E un ano máis o equipo de ERDATI desprazarase a cidade herculina para poder facervos chegar todo o desenrolo da gala de primeira man. Así que estade atentos para non perdervos nada.

Información adicional | Lista completa das candidaturas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s