O Síndrome de Stendhal. O máis Romántico de todos os males.

Algunha vez visitaches Florencia? Esta cidade é considerada como un dos berces da arte e da arquitectura por ser unha das capitais do renacemento. Por isto, é un destino obrigado para pintores, escultores, arquitectos … e de forma máis xeral, para todos aqueles interesados na arte e na súa historia.

grande
Vista cidade de Florencia e da súa catedral

Se es que algunha vez na túa vida decides visitar esta incrible cidade, ten coidado sobre todo se es especialmente sensible; non visites demasiados monumentos e obras artísticas sen deixar o suficiente tempo para asimilar tanta beleza, sen non o fas pode que a túa saúde se vexa afectada.

Pode parecer unha broma pero o certo é que existe unha doenza causada literalmente por  “intoxicación de beleza”. Este síndrome tan romántico chámase o síndrome de Stendhal aínda que tamén se pode denominar síndrome de Florencia ou síndrome dos viaxeiros. É un trastorno psicosomático que afecta sobre todo a persoas moi sensibles e prodúcese cando nun período curto de tempo, estamos en contacto con moitas obras de arte, experimentando unha sobredose de beleza. Os afectados por este empacho artístico poden presentar síntomas como angustia, excitación alternante con depresión, obnubilación, tremor, palpitacións, suores ou chíos nos oídos.

O nome do síndrome provén do pseudónimo(Stendhal) que empregaba un escritor francés. Dise que Stendhal, no ano 1817, relatou no seu diario que tras un largo día paseando por Florencia, entrando en igrexas y museos, tratando de non perder detalle, admirando tallas, estatuas, fachadas, cúpulas, frescos, visitou a Igrexa de Santa Croce onde experimentou uns síntomas desagradables que ninguén podía explicar. Segundo as súas notas, Stendhal sentiu ansiedade repentina, una sensación de afogamento e perda da noción espacial.

Na década dos oitenta a psiquiatra florentina Graziella Magherini puxo nome ao síndrome (Síndrome de Stendhal) para facer referencia ao este estado de ansiedade que sufrían moitos turistas despois de visitar cidades cunha densidade de beleza por metro cadrado tan altas como Florencia. Florencia, Roma, o Venecia, son os exemplos máis coñecidos, aínda que tamén Santiago de Compostela sería unha boa candidata para que os seus turistas sufran dito síndrome. Que opinas? Para ti que cidade é candidata para poder sufrir este mal nas súas rúas?

IMG_20150416_133858
Praza da Quintana en Santiago de Compostela
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s