Subidón de adrenalina

É evidente o gusto instintivo que os seres humanos polas situacións extremas, nesas nas que a primeira liberación de adrenalina nos prepara para a acción, e nas que despois do paso do perigo as endorfinas que se difunden polo noso corpo nos provocan unha profunda sensación de pracer. Tal é o noso gusto, que moitas…

Como saír dun labirinto

Non sei a vós, pero a min persoalmente sempre me apaixonaron os labirintos. Ese misterio que se creaba sobre estas construcións deseñadas especificamente para que os que se internen nel non tarden moito en perderse sempre me resultou moi atraente. E ollando cara atrás na historia parece ser que poida que non son o único….

Que é realmente o lume?

Se a alguén lle ensinan unha fogueira, todo o mundo sabería recoñecela, e ademáis podería dicir que está formado por “algo” chamado lume. Non obstante, se a esa mesma persoa lle pedimos entón que nos defina lume veríamos que xa non sabería dicilo dunha forma clara. E o certo é que esa pregunta non é…

Evolución das fronteiras europeas durante un milenio.

As políticas territoriais nunca foron precisamente sinxelas e moitos dos conflitos bélicos que se sufriron durante o desenrolo da historia, teñen como principal causa o feito de que a un dos veciños dunha comunidade non lle chega o territorio que posúe. Isto é algo que temos moi presente no noso querido vello continente. En efecto,…

Benvido, outono

Vén onda nós o outono dacabalo do aire; nos camiños da fraga os ourizos xa abren. Síntoo chegar contento da eterna viaxe enredando entre as follas estreando friaxe. Ana María Fernández Martínez Como moitos xa vos teredes decatado, neste os cambios de estación son un evento destacado do que nunca nos esquecemos de destacar. Esta…

Os escaravellos que se guían grazas a Vía Láctea…. Premios IgNobel 2013

Todos nós coñecemos aínda que sexa tan só de oídas o que son os premios Nobel, non obstante para aquel que estea un pouco despistado, os premios Nobel outórganse anualmente a aquelas persoas que realizaron accións ou investigacións que que teñan o maior beneficio para a humanidade. Lembremos que se realizan co fin de cumprir…

Acentos, certificados de procedencia

  Un compoñente lingüístico que obviamos moitas veces cando estamos falando das características dun idioma é o chamado acento. Estámonos referindo a esa forma de falar que ten un falante dunha lingua, xa sexa esta foránea ou propia, que automaticamente delata a nosa procedencia. Isto é algo que nos os galegos coñecemos moi ben, pois…

O “Chuck Norris” dos números

Se a alguén lle preguntan cal é o mellor número de todos probablemente moitos se decanten por números como π, ϕ ou e. A verdade é que estes números son moi curiosos, pero se tivésemos a ocasión de falar con Sheldon Cooper el diríavos que estades nun erro. Os que sigades a serie da CBS…

A pirámide olfactiva

Moitas veces cando nos gusta o perfume de alguén o que facemos é preguntarlle o nome de dita fragrancia para logo tentar conseguilo nós. Unha vez na tenda buscamos a marca do perfume e botamos un pouco na man para volver a ulir o agradable arume que recordábamos, mais, para a nosa sorpresa o olor…

A sucesión de Fibonacci

A sucesión de Fibonacci é un dos exemplos cos que a beleza das matemáticas queda plasmada claramente. Seguramente xa coñecida por moitos de vós, esta sucesión infinita de números creada co sinxelo algoritmo de unha vez fixados os números iniciais (0 e 1), irase construíndo sumando os dous números anteriores formando a seguinte cadea: 0,…

Coñecemos a túa personalidade

O poder de ler a mente e coñecer a personalidade de alguén é un poder que a moitos lles encantaría ter. Mais o certo que tan só uns poucos podemos posuír, e digo podemos porque afortunadamente nós posuímos ese tremendo poder. Que non nos cres? Pois agora mesmo cho vamos a demostrar, a túa personalidade…

Now you see me (2013)

Ficha da película Título: Now you see me (orixinal), Agora vesme… (en galego), Ahora me ves… (en castelán) Director: Louis Leterrier Actores principais: Jesse Eisenberg, Mark Ruffalo, Woody Harrelson, Mélanie Laurent, Isla Fisher, Dave Franco, Michael Caine e Morgan Freeman. Sinopse Now you see me enfronta a un equipo de elite do FBI nun xogo…