Mestre Mateo 2015: “A festa do audiovisual galego”

Un ano máis dende o equipo de erdati tivemos a honra de cubrir en directo a gala dos “Premios Mestre Mateo”,  os galardóns ao audiovisual galego. Empezaba a cerimonia de novo con Roberto Vilar, esta vez agradecendo ao público o gran apoio que este 2014 recibiu o xénero, sobre todo nas salas de cine. Foi…

Forma real de volver ao pasado

Ao mellor vos soan os chamados meridianos. Son liñas xeográficas a partir das cales, por acordo, cambia a hora, por iso os de Canarias sempre teñen que apandar cunha hora máis e por iso cando ides de viaxe a un sitio que estea algo afastado tedes que aturar o “jet lag”. Sabiades ademais que hai…

Pagar ata polo que é teu: Baterías para o fogar

Que vos di o nome de “Tesla”? En efecto, Tesla foi un gran científico, pero non, non me refería a ese Tesla. Tesla é o nome dunha compañía (Tesla Motors) que promove o uso da enerxía eléctrica para mover o mundo. E non intento facerlle propaganda, pero esta introdución é necesaria para dar paso ao…

Candidaturas dos “Premios Mestre Mateo 2015”

Como xa é tradición en erdati, un ano máis faremos todo o posible por achegarvos a gala dos Premios Mestre Mateo, a gala do audiovisual galego. Despois de poder gozar da gran experiencia e o xenial trato do ano pasado, arrancamos motores cos premios deste ano. Así pois, traémosvos a listaxe definitiva das candidaturas deste ano….

A velocidade da luz

Ata non hai moito, críase que a luz tiña velocidade infinita, intentárase medir de moitas formas e sempre se concluía en que chegaba instantaneamente aos sitios. Co paso dos séculos, os sistemas de medición foron avanzando e coa chegada do século XX, chegou tamén Einstein. Non só se mediu a velocidade desta, senón que coa coñecida…

Incrible aplicación do seme

Poñámonos en situación… Estamos metidos de cheo na Primeira Guerra Mundial, somos o xefe do servizo de intelixencia británica e necesitamos un método para poder enviar mensaxes sen que o inimigo nolos descifre. Nestas pescudas estaba Mansfield Cumming na Universidade de Londres cando por fin achou unha solución… seme! En efecto, ocorréuselle usar seme como…

O líquido máis caro do mundo

Cando pensamos nun líquido caro o primeiro que se nos ven á cabeza é un luxoso perfume, un viño moi antigo, se cadra algún champaña de resoado nome… pero nada máis lonxe da realidade. De feito, a diferenza destes líquidos que acabamos de nomear, o consolidado como líquido máis caro do mundo é moito máis…

[SORTEO] erdati vístese de gala!

Para celebrar a saída da nova web, en erdati nos vestimos para a ocasión e queremos que vós tamén o fagades. Dende este mesmo momento ata as 23:59 do mércores 15 empeza o sorteo dunha das novas  camisolas de erdati. Si, escoitastes ben, o blog ponse de etiqueta! Escribímosvos aquí as bases: Para participar no…

Cálculos rápidos a preguntas sen formular: CONTAR GOTAS, VOAR…

Preparados, listos… ALÓ IMOS!!! Agora mesmo hai vivos uns 7.200 millóns de persoas, pero se as puxéramos a contar as moléculas dunha gota de auga, supoñendo que cada segundo podemos contar unha molécula, nos levaría uns 9000 anos rematar de contalas; agora ben, os sindicatos estarían furiosos por estarmos traballando as 24h do día, así…

Introducción ao campo magnético

Dende un pequeno imán ata o mesmo Planeta Terra, pasando pola xeración de enerxía ten presente o campo magnético. Non é un fenómeno demasiado entendido e incluso ás veces pode resultar pouco intuitivo, pero é tan achegado a nós e está case tan presente na nosa vida cotiá como a electricidade; así que intentemos entender…

Un avó do blues: “Paul Butterfield”

Cantante de blues, de instrumento a harmónica. Vida Nado en Chicago no 1942, tocou o mundo da música da man da frauta. Foi maduro o seu interese polo blues e máis en concreto a harmónica neste estilo. Cando nos anos 60 Butterfield foi á universidade, entrou en contacto cun aspirante a guitarrista de blues (Elvin…