A chegada do inverno

Tras sobrevivir unha vez máis (e xa van unhas cantas) a unha nova fin do mundo, entramos nunha nova estación. Concretamente o inverno comezou as 12:12 (GMT+1) do día de onte. Trátase da estación máis curta do ano e acompañaranos ata 20 de marzo de 2013. Como moitos xa saberedes, as estacións terrestres veñen rexidas…

A mensaxe que os astronautas da ISS nos mandan.

Further up Yonder, é o título do traballo de Giacomo Sardelli, unha impresionante montaxe que nos gustaría compartir con vós, feita cas mensaxes que os astronautas da NASA nos mandan dende a ISS (Estación Espacial Internacional) ao resto dos humanos. Isto todo acompañado cunhas espectaculares imaxes tomadas dende esa tan privilexiada posición. A continuación mostramos…

O reloxo estrelar

Cando nunha noite estrelada miramos cara o ceo o que vemos é unha imaxe estática de diminutos puntos luminosos adornando a chamada bóveda celeste. Mais isto non é máis que unha ilusión. Se observamos a posición dunha estrela próxima ao horizonte, con respecto a unha árbore ou edificio que se encontre preto observaremos que a…

A chegada dun cometa proporcionaranos un gran espectáculo

Persoalmente, creo que hai dous eventos celestes que toda persoa debe presenciar, se ten oportunidade, na súa vida. Un é o eclipse total de sol e outro é a observación dun cometa brillante como por exemplo o que parece que imos ter oportunidade de presenciar dentro de aproximadamente un ano. Pasou xa tempo dende o…