O Son das Ideas – E01 – Canto tempo!

Ir a Ivoox para descargar e suscribirse Benvidos a este recuncho do espectro sonoro onde xuntan curiosidade lóxica e leria! Traémosvos un novo proxecto co que estamos moi ilusisonados. Desta vez mudámonos as ondas sonoras para presentarvos un novo podcast. Neste episiodio inaugural, trataremos un asunto tan peliagudo como interesante, o transcurso do tempo. Abordaremos…

A historia da física en 4 minutos

http://amara.org/embedder-iframe   Toda ciencia ten a súa historia e a física non ía ser moito menos. A BBC tráenos unha pequena mostra na que en apenas 4 minutos fainos un resumo dos descubrimentos máis importantes da física moderna, dende Galileo ata Einstein. Gozade do vídeo, os subtítulos foron traducidos ao galego polo equipo deste blog.

A velocidade da luz

Ata non hai moito, críase que a luz tiña velocidade infinita, intentárase medir de moitas formas e sempre se concluía en que chegaba instantaneamente aos sitios. Co paso dos séculos, os sistemas de medición foron avanzando e coa chegada do século XX, chegou tamén Einstein. Non só se mediu a velocidade desta, senón que coa coñecida…

10 cousas que non sabías sobre os Premios Nobel

Os premios Nobel son posiblemente os premios máis prestixiosos e coñecidos do mundo.  Entréganse dende o ano 1901 seguindo a última vontade de Alfred Nobel recollida no seu testamento. Para saber máis sobre a historia de Alfred Nobel visita este enlace. A pesar do renome que teñen hoxe en día, aínda existen moitos aspectos interesantes…

Cálculos rápidos a preguntas sen formular: CONTAR GOTAS, VOAR…

Preparados, listos… ALÓ IMOS!!! Agora mesmo hai vivos uns 7.200 millóns de persoas, pero se as puxéramos a contar as moléculas dunha gota de auga, supoñendo que cada segundo podemos contar unha molécula, nos levaría uns 9000 anos rematar de contalas; agora ben, os sindicatos estarían furiosos por estarmos traballando as 24h do día, así…

Introducción ao campo magnético

Dende un pequeno imán ata o mesmo Planeta Terra, pasando pola xeración de enerxía ten presente o campo magnético. Non é un fenómeno demasiado entendido e incluso ás veces pode resultar pouco intuitivo, pero é tan achegado a nós e está case tan presente na nosa vida cotiá como a electricidade; así que intentemos entender…

É posible o teletransporte de persoas?

Somos dependentes dos medios de transporte, para facer as compras, ir á escola ou ao traballo os empregamos. En cada viaxe desperdiciamos o tempo xa que pouco se pode facer mentres estás no coche ou no tren. De feito, calcúlase que de media cada un de nós emprega un ano da súa vida nos transportes….

Como funcionan os abanicos

Estás na sala de espera do dentista en pleno verán, as temperaturas son asfixiantes nunha habitación chea de xente e como única ferramenta tes una revista. Parece intuitivo que se a usamos como un abanico nos refrescará e de feito isto é o que sucede, pero, por que? A explicación pódese estender non só aos…

O banco dos murmurios

Un dos segredos mellor gardados da nosa querida Compostela. Pois non son moitos os que saben as características especiais que posúe o gran banco ovalado situado no parque da Alameda, preto do quiosco de música (concretamente aquí). Este banco, tamén chamado Banco dos Namorados (por razóns que deseguido entenderedes), posúe a curiosa característica de que…

Tórcense! “A Lei de Snell”

Empecemos o artigo cunha experiencia do máis simple. Introduzamos nun vaso cheo de auga un lapis de xeito que quede medio fora medio dentro do líquido. Observemos dende arriba a estampa, que acontece? Pode que este fenómeno sexa xa coñecido por moitos de vós. O lapis, dende o noso punto de vista parece torcido, pero…

A que velocidade se move a Terra?

Estes son asuntos que moitas veces pasan desapercibidos e cando nos paramos a pensar un pouco quedamos bastante sorprendidos. Para empezar temos que ter en conta como definimos velocidade, esta pódese definir como unha forma de cuantificar a variación por unidade de tempo da posición dun obxecto respecto a un sistema de referencia. Este último…