O banco dos murmurios

Un dos segredos mellor gardados da nosa querida Compostela. Pois non son moitos os que saben as características especiais que posúe o gran banco ovalado situado no parque da Alameda, preto do quiosco de música (concretamente aquí). Este banco, tamén chamado Banco dos Namorados (por razóns que deseguido entenderedes), posúe a curiosa característica de que…

Como crear unha ciencia: As matemáticas

Xogaches algunha vez ao parchís?  Ao xadrez? A un deporte? Pois construír unha ciencia como son as matemáticas non é moito máis difícil ca inventarse un xogo deste estilo. En efecto, neste tipo de xogos, pártense dunhas regras básicas, como pode ser no caso do xadrez a de mover as pezas dun determinado xeito ou…

Costureira natural

As arañas, a pesar de ser un dos bichiños aos que moita xente teme case irracionalmente, ninguén pode negar que a súa habilidade natural para tecer resulta canto menos admirable. Non son poucas as propiedades exclusivas que os seus finos fíos posúen. A seda de araña destaca por ter unha resistencia (por unidade de masa)…

A ilusión do reloxo parado

A percepción do tempo, algo curioso non vos parece? As persoas valémonos da memoria para poder apreciar o imparable avance desta variable natural. Resulta imprescindible o almacenamento de recordos para poder distinguir a diferenza ao levantarnos da cama hoxe ou facelo mañá. O problema aparece cando deixamos de almacenar recordos ou o facemos de forma…

Tórcense! “A Lei de Snell”

Empecemos o artigo cunha experiencia do máis simple. Introduzamos nun vaso cheo de auga un lapis de xeito que quede medio fora medio dentro do líquido. Observemos dende arriba a estampa, que acontece? Pode que este fenómeno sexa xa coñecido por moitos de vós. O lapis, dende o noso punto de vista parece torcido, pero…

A que velocidade se move a Terra?

Estes son asuntos que moitas veces pasan desapercibidos e cando nos paramos a pensar un pouco quedamos bastante sorprendidos. Para empezar temos que ter en conta como definimos velocidade, esta pódese definir como unha forma de cuantificar a variación por unidade de tempo da posición dun obxecto respecto a un sistema de referencia. Este último…

Fin do mundo? Para cando?

Xa fai un máis ano dende que o mundo non acabou, recordades? Segundo algunha xente  a fin do calendario Maia (que coincidía o 21 de decembro) auguraba un cambio de ciclo. Interpretado polos máis pesimistas como a fin do mundo. Por sorte o mundo non acabou e o ano pasado neste blog publicamos un artigo sobre…

Biomimética: porque crear se podemos copiar

Fora do sensacionalismo do título, o certo é que a invención do ser humano é inmensa: a súa capacidade para deseñar e crear novas ferramentas é algo que nos caracteriza. Pero as veces podemos aforrar certo tempo se en vez de empezar desde cero, tomamos como referencia modelos preexistentes. Non hai mellor fonte para crear…

O chocolate non engorda

Aínda que pareza unha afirmación chocante, o certo é que  recentes estudos científicos mostran que o chocolate en realidade non engorda. Así que se ti es desas persoas que se restrinxiu á hora de tomar este apreciado alimento, debes saber que o teu esforzo foi innecesario. Este estudo foi realizado por investigadores da Facultade de…

Alfred Nobel

Nado en Estocolmo (Suecia), foi un inventor e químico que acadou gran riqueza debido ó seu descubrimento da dinamita. Hoxe en día coñéceselle principalmente polos premios que levan o seu nome. Biografía Medrou no seo dunha familia de enxeñeiros (con oito irmáns) e debido a isto, acadou unha esmerada formación. Foi seu pai quen lle…

Primos case irmáns

Por todos é sabido que os animais máis próximos aos seres humanos son os primates. Concretamente existen dúas especies de primates consideradas as especies non extintas máis próximas ao home: estas dúas especies son os chimpancés e os bonobos. Ambas especies pertencen ao xénero Pan. Mentres que o antepasado común entre o ser humano e…

Que é realmente o lume?

Se a alguén lle ensinan unha fogueira, todo o mundo sabería recoñecela, e ademáis podería dicir que está formado por “algo” chamado lume. Non obstante, se a esa mesma persoa lle pedimos entón que nos defina lume veríamos que xa non sabería dicilo dunha forma clara. E o certo é que esa pregunta non é…