Os árabes escriben o trece así… 31?

Todos sabemos que noso sistema de numeración adóitase a denominar sistema de numeración arábigo. Este nome adoita a ser explicado en relación á orixe do devandito sistema de numeración. Por outra banda, tamén sabemos que para ler e escribir o seu sistema é contrario ao noso; é dicir, eles len e escriben de dereita a…

10 cousas que non sabías sobre os Premios Nobel

Os premios Nobel son posiblemente os premios máis prestixiosos e coñecidos do mundo.  Entréganse dende o ano 1901 seguindo a última vontade de Alfred Nobel recollida no seu testamento. Para saber máis sobre a historia de Alfred Nobel visita este enlace. A pesar do renome que teñen hoxe en día, aínda existen moitos aspectos interesantes…

Canta xente me copiou o apelido?

Apelido.- (do latín appelitu) m.1. Nome de familia co que se distinguen as persoas. 2.fig. Nome particular dado a varias cousas. Estudar os apelidos sempre me pareceu interesante, pois non deixa de ser unha forma de indagar no teu pasado familiar; dito dunha forma máis solemne (moi acorde nestes tempos), trátase de explorar a túa dinastía,…

O manuscrito indescifrable

A criptoloxía, ou o que é o mesmo, a ciencia que estuda a codificación e a descodificación da información, sufriu un forte avance coa chegada e o conseguinte avance dos ordenadores. Agora existen maneiras de cifrar unha mensaxe da maneira tan segura que resulte practicamente imposible acceder á información que contén dito cifrado. Non obstante,…

A orixe dos topónimos galegos (V): Vigo

Pasou xa bastante tempo dende o último artigo da serie A orixe dos topónimos galegos. Tras percorrer todas as capitais de provincia, imos agora coa cidade máis poboada de Galicia: Vigo. Existe certa unanimidade entre os expertos en que a orixe do topónimo de devandita cidade está situada, como adoita a ser habitual, no contexto…

A orixe dos topónimos galegos (IV): Pontevedra

Tras un pequeno descanso, retomamos esta serie de artigos para viaxar esta vez cara ás Rías Baixas. Pontevedra será o noso destino. Ao contrario que ocorría noutros casos, existe unha clara aceptación entre os expertos sobre a orixe deste topónimo. A orixe, como ocorre na maioría dos casos, témola que buscar na lingua dos romanos:…

A orixe dos topónimos galegos (III): A Coruña.

Tras unha semana sen a nosa entrega de “A orixe topónimos galegos”, volvemos hoxe cunha das principais cidades de Galicia: A Coruña. Todo o mundo coñece esta fermosa cidade, mais poucos saben cal é a orixe do seu nome. Como en moitos casos, a etimoloxía do topónimo non está totalmente clara, senón que existen diversas…

A orixe dos topónimos galegos (II): Lugo.

Seguimos pois, a nosa viaxe polas cidades galegas explicando o porque dos seus nomes. Viaxando cara o norte atopámonos coa seguinte capital de provincia: Lugo. Malia existiren outras teorías alternativas que explican o porque do seu nome, a mais coñecida pola xente é a que afirma que Lugo provén do étimo latino Lucus -“bosque sagrado”-,…

A orixe dos topónimos galegos (I): Ourense.

Comezamos con este artigo unha serie coa cal queremos dar a coñecer un pouco a orixe dos nomes das principais cidades galegas. Trátase dun tema moi interesante mediante o cal aproveitaremos tamén para dar coñecer algúns dos principais reclamos de cada poboación galega. Moitos dos datos aquí recollidos podedes encontralos de forma máis ampliada nun…

A pedra de Rosetta

Seguramente vos tedes preguntado como os arqueólogos poden entender os textos xeroglíficos exipcios. Pois aquí temos un dos principais “dicionarios de tradución”. A pedra de rosetta é unha pedra de cor escura dividida en tres partes. Cada parte contén tallado un texto escrito en tres idiomas diferentes antigos con practicamente o mesmo contido. Ditos idiomas,…