A estadística como filosofía de vida

Que farías se vas pola rúa e un extrano se che acerca cun billete e unha moeda na man, e che di: Se sae cara dareiche estes 10€ pero se sae cruz ti darasme a min 10€, xogas? A túa resposta moi probablemente sexa non, pois non quererás perder ese diñeiro así ao tolo. Non…

Cálculos rápidos a preguntas sen formular: CONTAR GOTAS, VOAR…

Preparados, listos… ALÓ IMOS!!! Agora mesmo hai vivos uns 7.200 millóns de persoas, pero se as puxéramos a contar as moléculas dunha gota de auga, supoñendo que cada segundo podemos contar unha molécula, nos levaría uns 9000 anos rematar de contalas; agora ben, os sindicatos estarían furiosos por estarmos traballando as 24h do día, así…

Que podemos aprender co #LegadoDoTibu (e II)

Comecemos entón a analizar por partes o problema que se nos presenta, se ollamos para a imaxe que encabeza este artigo pronto entenderemos o que está a suceder Se empezamos polo principio temos que a primeira persoa pasará o reto a outras tres persoas (1×3 persoas serán nomeadas no primeiro paso), esas tres farano a…

Que podemos aprender co #LegadoDoTibu (I)

Non é primeira vez que falamos dos fenómenos virais neste espazo, non obstante non podíamos obviar a última e autóctona moda das redes sociais: o chamado Legado do Tibu. A maioría xa saberedes en que consiste o famoso legado pois probablemente xa o sufristes na vosa propia pel ou vistes a morea de vídeos con…

Como crear unha ciencia: As matemáticas

Xogaches algunha vez ao parchís?  Ao xadrez? A un deporte? Pois construír unha ciencia como son as matemáticas non é moito máis difícil ca inventarse un xogo deste estilo. En efecto, neste tipo de xogos, pártense dunhas regras básicas, como pode ser no caso do xadrez a de mover as pezas dun determinado xeito ou…

Como saír dun labirinto

Non sei a vós, pero a min persoalmente sempre me apaixonaron os labirintos. Ese misterio que se creaba sobre estas construcións deseñadas especificamente para que os que se internen nel non tarden moito en perderse sempre me resultou moi atraente. E ollando cara atrás na historia parece ser que poida que non son o único….

O “Chuck Norris” dos números

Se a alguén lle preguntan cal é o mellor número de todos probablemente moitos se decanten por números como π, ϕ ou e. A verdade é que estes números son moi curiosos, pero se tivésemos a ocasión de falar con Sheldon Cooper el diríavos que estades nun erro. Os que sigades a serie da CBS…

A sucesión de Fibonacci

A sucesión de Fibonacci é un dos exemplos cos que a beleza das matemáticas queda plasmada claramente. Seguramente xa coñecida por moitos de vós, esta sucesión infinita de números creada co sinxelo algoritmo de unha vez fixados os números iniciais (0 e 1), irase construíndo sumando os dous números anteriores formando a seguinte cadea: 0,…

O número de Euler

Despois de facer un artigo sobre o número  Φ  queremos escribir sobre outro número de suma importancia para as matemáticas. Neste artigo trataremos o número e, un número con propiedades moi interesantes. A mellor presentación deste numero é dicir canto vale: Aproximadamente é igual a  2,71828. Igual que π e Φ , o número e…

O número de ouro

Ves algo especial neste rectángulo? En principio podería parecer un rectángulo normal pero a realidade é que non é a si. Este é un rectángulo único xa que os seus lados manteñen unha proporcionalidade moi concreta: a proporcionalidade áurea. Pero que é isto de que manteñen una proporcionalidade áurea? Aínda que o pareza, non ten…

Unha conxectura que vale un millón: A conxectura de Beal

En matemáticas unha conxectura  é  unha afirmación que se cree certa, pero que aínda non foi probada. Conxectura de Beal foi proposta por Andrew Beal en 1993, ocorréuselle cando estudaba xeneralizacións do teorema de Fermat. Esta conxectura di que se existe algunha combinación dos enteiros positivos A, B, C e x, y, z onde x,…