Cal será o futuro da especie humana?

Durante miles de anos o ser humano como especie foi modificando as súas características ata chegar a ser como somos hoxe, o aumento da capacidade cranial ou a modificación da cadeira para poder adoitar unha posición ergueita  son exemplos de cambios que sufrimos causados pola acción da selección natural na especie. Pero, como seremos no…

Xa está aquí a primavera

Chegou a primavera, concretamente as 12:02 do día de onte 20 de marzo, e esta acompañaranos durante os próximos 92 días nos cales a natureza espertará do seu letargo invernal para volver a  mostrarse en todo o seu esplendor. Esta estación como as demais ven dada pola inclinación do eixe de rotación da Terra respecto…

Un país, unha palabra

Pola man de Martin Elmer chéganos un curioso traballo. A este cartógrafo ocorréuselle elaborar un mapa en base á palabra que definira a cada país do mundo. Para iso, que mellor forma que elixir unha das palabras que máis se repetira durante a súa historia. Desta forma o autor recorreu a Wikipedia escollendo a palabra…

Noticia devastadora

Imos presentar neste artigo unha noticia que nos afecta directamente, é por iso que queremos comentala no blog. Non é do noso agrado pero ao parecer recentes estudos afirman que o galego non é unha lingua axeitada para escribir artigos científicos. O grupo de análise que fixo o estudo presentou todos aqueles motivos polos cales…

Os virais: fenómenos de masas

Ben é sabido por todos que a aparición de internet supuxo unha nova forma de comunicación de masas, con el trouxo fenómenos sociais que sen internet non poderían existir, un destes fenómenos son os virais. Os virais poden adoptar moitas formas: pode ser unha imaxe, un vídeo, unha páxina web, un hipervínculo  ou ata unha…

A mensaxe que os astronautas da ISS nos mandan.

Further up Yonder, é o título do traballo de Giacomo Sardelli, unha impresionante montaxe que nos gustaría compartir con vós, feita cas mensaxes que os astronautas da NASA nos mandan dende a ISS (Estación Espacial Internacional) ao resto dos humanos. Isto todo acompañado cunhas espectaculares imaxes tomadas dende esa tan privilexiada posición. A continuación mostramos…

Chega xa a fin do mundo? Hai moitas razóns para desconfiar…

Se ti es un habitante deste planeta deberías saber que o mundo rematará tal e como o coñecemos o vindeiro 21 de decembro, pecharase unha etapa do home na Terra para comezar unha nova. Ou polo menos isto é o que din centos de persoas, baseándose na fin dun ciclo do Calendario Maya. Se facemos…

O sitema de D’Hondt

Aproveitando que as eleccións ao parlamento galego se celebraron hai pouco máis dunha semana, trataremos explicar o curioso sistema que se utiliza para repartir os deputados do parlamento. Dito sistema non se corresponde con algún dos sistemas que se nos puideran ocorrer a nós sós intuitivamente, senón que segue unhas curiosas regras co principal fin…

Halloween chega tamén ao Wolfram Alpha

Moitos xa coñeceredes o portal Wolfram Alpha e a gran axuda que brinda sobre todo aos que traballan en algo relacionado coas matemáticas. Aínda así, se es dos poucos que non o coñeces que saibas que se trata dun buscador tipo Google que ten variopintas utilidades que van dende o cálculo diferencial ata coñecer frecuencia…

Por que nos gusta tanto pasar medo? É que somos parvos?

Estamos nas vésperas de Halloween, nesta época as rúas énchense de todo tipo de personaxes peculiares: vampiros, meigas , cabazas diabólicas… A pesar de que cada vez é unha festa máis comercial, moita xente segue celebrándoa e disfrazándose, buscando provocar medo (ou polo menos risa) ao resto. Sen embargo, hai algo que diferencia a Halloween…