Eclipse total no seu videoclip

Os eclipses totais adoitan a ser eventos tan espectaculares como excepcionais.  Imaxínate usar este acontecemento como telón de fondo para o lanzamento do teu videoclip, sería moi impresionante, non si? Pois isto é o que decidiron os compoñentes do grupo das illas Feroe chamado Hamferð. Durante o pasado 20 de marzo, aproveitáronse da súa magnífica…

A historia da física en 4 minutos

http://amara.org/embedder-iframe   Toda ciencia ten a súa historia e a física non ía ser moito menos. A BBC tráenos unha pequena mostra na que en apenas 4 minutos fainos un resumo dos descubrimentos máis importantes da física moderna, dende Galileo ata Einstein. Gozade do vídeo, os subtítulos foron traducidos ao galego polo equipo deste blog.

Cal é o tamaño dun microprocesador ?

O avance da tecnoloxía sempre é abraiante, tanto que ás veces podemos perder a noción da complexidade das ferramentas que estamos a usar no día a día. Un exemplo disto son os microprocesadores. Os microprocesadores os circuítos integrados centrais e máis complexos dun sistema informático, onde como o seu propio nome indica se procesa toda…

Costureira natural

As arañas, a pesar de ser un dos bichiños aos que moita xente teme case irracionalmente, ninguén pode negar que a súa habilidade natural para tecer resulta canto menos admirable. Non son poucas as propiedades exclusivas que os seus finos fíos posúen. A seda de araña destaca por ter unha resistencia (por unidade de masa)…

Como funcionan as pistolas das consolas antigas?

Na actualidade moitas cousas parécennos normais debido ao avance tecnolóxico que posuímos. As videoconsolas son proba deste feito, sensores de movemento, recoñecemento de voz, mandos sen cables, etc. son elementos que están a orde do día. Todos eles válense do desenrolo tecnolóxico para poder ter unha experiencia máis cómoda e máis próxima á realidade. Aínda…

Subidón de adrenalina

É evidente o gusto instintivo que os seres humanos polas situacións extremas, nesas nas que a primeira liberación de adrenalina nos prepara para a acción, e nas que despois do paso do perigo as endorfinas que se difunden polo noso corpo nos provocan unha profunda sensación de pracer. Tal é o noso gusto, que moitas…

Evolución das fronteiras europeas durante un milenio.

As políticas territoriais nunca foron precisamente sinxelas e moitos dos conflitos bélicos que se sufriron durante o desenrolo da historia, teñen como principal causa o feito de que a un dos veciños dunha comunidade non lle chega o territorio que posúe. Isto é algo que temos moi presente no noso querido vello continente. En efecto,…

Benvido, outono

Vén onda nós o outono dacabalo do aire; nos camiños da fraga os ourizos xa abren. Síntoo chegar contento da eterna viaxe enredando entre as follas estreando friaxe. Ana María Fernández Martínez Como moitos xa vos teredes decatado, neste os cambios de estación son un evento destacado do que nunca nos esquecemos de destacar. Esta…

Cando a física se volve arte

Existen numerosas discusións para lograr unha definición axeitada do que é a arte, o seu significado está suxeito a diferentes interpretacións segundo a cultura, sociedade e incluso época na que nos situemos.