O acontecemento da década na historia da navegación espacial

Como xa sabemos todos a causa da avalancha de noticias sobre o tema, o ser humano conseguiu poñer un aparello (chamado Philae) na superficie dun cometa por primeira vez na historia. Dende este blog xa fixemos un artigo sobre o tema o dia que se anunciou a lugar do “aterraxe”. Ir a artigo. Neste artigo…

Os árabes escriben o trece así… 31?

Todos sabemos que noso sistema de numeración adóitase a denominar sistema de numeración arábigo. Este nome adoita a ser explicado en relación á orixe do devandito sistema de numeración. Por outra banda, tamén sabemos que para ler e escribir o seu sistema é contrario ao noso; é dicir, eles len e escriben de dereita a…

Incrible aplicación do seme

Poñámonos en situación… Estamos metidos de cheo na Primeira Guerra Mundial, somos o xefe do servizo de intelixencia británica e necesitamos un método para poder enviar mensaxes sen que o inimigo nolos descifre. Nestas pescudas estaba Mansfield Cumming na Universidade de Londres cando por fin achou unha solución… seme! En efecto, ocorréuselle usar seme como…

10 cousas que non sabías sobre os Premios Nobel

Os premios Nobel son posiblemente os premios máis prestixiosos e coñecidos do mundo.  Entréganse dende o ano 1901 seguindo a última vontade de Alfred Nobel recollida no seu testamento. Para saber máis sobre a historia de Alfred Nobel visita este enlace. A pesar do renome que teñen hoxe en día, aínda existen moitos aspectos interesantes…

Xa temos gañador da camiseta!

Nerviosos, non? Xa coñecemos quen é o gañador do sorteo da camiseta de erdati. Hoxe ás 13.30 realizouse o sorteo da lotaría nacional. O número premidado resultou ser: 48163 Se dividimos polo número de participacións totais, 27, obtemos un resto de 22. Isto quere dicir que o gañador da camiseta foi: 22. Christian T***** Noraboa!…

[SORTEO] Lista provisional de participantes

Despois de máis dunha semana de espectación, xa rematou o prazo para presentarvos ao sorteo dunha exclusiva camisola oficial de “erdati”. A continuación adxuntamos a lista dos participantes no sorteo xunto co número que lle asignamos a cada un. Lista de participantes Tede en conta as seguintes observacións: Se tedes algunha queixa, teredes ata o…

Cogomelos mortais

Chegou o outono, e con el tamén os fungos máis coñecidos por todos nós. Estamos falando por suposto dos nosos queridos cogomelos. A devoción por estes seres vivos vai da simplemente culinaria ata a afección de tentar atopar e identificar os cogomelos máis estraños. Digamos que para os afeccionados á micoloxía (ciencia que estuda os…

O líquido máis caro do mundo

Cando pensamos nun líquido caro o primeiro que se nos ven á cabeza é un luxoso perfume, un viño moi antigo, se cadra algún champaña de resoado nome… pero nada máis lonxe da realidade. De feito, a diferenza destes líquidos que acabamos de nomear, o consolidado como líquido máis caro do mundo é moito máis…

[SORTEO] erdati vístese de gala!

Para celebrar a saída da nova web, en erdati nos vestimos para a ocasión e queremos que vós tamén o fagades. Dende este mesmo momento ata as 23:59 do mércores 15 empeza o sorteo dunha das novas  camisolas de erdati. Si, escoitastes ben, o blog ponse de etiqueta! Escribímosvos aquí as bases: Para participar no…

Un novo erdati

  Dous anos! Dous anos dan para moito, xente. De feito, dan para (nin máis nin menos) 131 artigos, todos eles orientados a achegarvos críticas de películas, noticias curiosas, datos interesantes… coñecemento… Dous anos dan para que uns servidores se sintan obrigados a agradecervos o apoio. Este ano sen ir máis lonxe, demos un gran…

O lugar elixido é a cabeza do patiño

Hoxe traemos unha noticia recente e é que o pasado luns (15/09/2014) a ESA anunciou o lugar de aterraxe da sonda espacial Rosetta sobre o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. Para aqueles que non teñan idea sobre o que estou falando os porei en antecedentes: Rosetta é unha sonda especial  construída e lanzada pola  Axencia Espacial Europea (ESA…

A mentira ao descuberto

Sería posible descifrar o que pensa ou sinte unha persoa tras someter o seu cerebro a un varrido electrónico? Pódese ler o pensamento? Segundo nos di a teoría, un pensamento é unha representación mental, unha reprodución interna de estados de cousas no espírito humano. Toda representación mental caracterízase por ter un soporte ou portador e…