Estimados lectores:
Estamos encantados de poder presentarvos este noso humilde blog.
Desde as mellores intencións intentaremos poñer á disposición de quen o desexe calquera tipo de curiosidade cultural, dende os sucesos máis abraiantes da natureza ata a maxia do cine, pasando por espectaculares eventos físicos, curiosidades matemáticas, musicais e moito máis.
Por suposto estamos abertos a suxestións e poñemos á vosa disposición a nosa conta en Twitter, tanto para estar ó día dos nosos posts como para comunicarvos connosco.
Un cálido saúdo e gozade tanto lendo como nós escribindo.